15/05/2008
O AFORRO ENERXÉTICO: ¿e ti?

¿Cres que podes ti tamén contribuír ao aforro enerxético?¿De qué xeito?
¿En qué che pode beneficiar?
O AFORRO ENERXÉTICO

Presentámosvos o seguinte artigo, baseado nun publicado no blog do departamento de Tecnoloxía do I.E.S. Cristo del Socorro de Luanco:
O aforro de enerxía ou eficiencia enerxética ten como obxecto diminuir o uso de enerxía pero co mesmo resultado final. É unha optimización do consumo de enerxía. Esta práctica conleva un aumento do capital financeiro, ambiental, seguridade nacional, seguridade persoal e confort humano.
Os individuos e as organizacións que son consumidores directos da enerxía poden desexar aforrar enerxía para reducir costes enerxéticos e promover sostibilidade económica, política e ambiental. Os usuarios industriais e comerciais poden desexar aumentar eficacia e maximizar así o seu beneficio. Entre as preocupacións actuais están o aforro de enerxía e o efecto medioambiental da xeración de enerxía electrica.
As enerxías renovables son entendidas erróneamente como aforro de enerxía, sen embargo o aforro se atopa máis nos hábitos e a mentalidade do consumidor. Hay distintas formas de aforrar enerxía, entre eles:
- Aforro de enerxía doméstico: a operación diaria habitual que se fai na vivenda poden levar a un aforro considerable de enerxía se se cambian as actitudes e se é consciente do consumo real e do necesitado. Na maioría dos casos basta coa elección dun electrodoméstico de baixo consumo, ou dunha racionalización do consumo da calefacción.
- Aforro de energía na industria: a industria é un dos sectores da sociedade máis necesitados de aforro de enerxía, xa que o seu logro supón unha maior competitividade. No sector do transporte é moi importante o aforro de combustible mediante o aumento da eficiencia de consumo dos vehículos e unha adecuada xestión do combustible, mediante rutas máis cortas, adecuado matenimiento de la flota, conducción eficiente, etc. A redución de costes de combustible aumenta os beneficios.
29/04/2008
HOLA a tod@s:

Queremos darvos a benvida a este novo blog do I.E.S. Poeta Díaz Castro, de Guitiriz.
Como xa saberedes, desde hai un tempo vense manifestando en toda a comunidade educativa certo interese polos asuntos que teñen que ver co medio ambiente e a sostibilidade. De feito, neste momento existen xa varios grupos de traballo levando a cabo distintas actividades e proxectos relacionados con este tema.
Este blog ven a ser unha proposta máis dentro deste contexto, que poderá recoller novos proxectos ou recoller os xa existentes no centro. Pero sobre todo, o que se pretende desde aquí é ser unha canle de participación de toda a comunidade escolar, sobre o tema da sostibilidade, na que a información siga un camiño de ida e de volta...
