HOLA a tod@s:
Queremos darvos a benvida a este novo blog do I.E.S. Poeta Díaz Castro, de Guitiriz.
Como xa saberedes, desde hai un tempo vense manifestando en toda a comunidade educativa certo interese polos asuntos que teñen que ver co medio ambiente e a sostibilidade. De feito, neste momento existen xa varios grupos de traballo levando a cabo distintas actividades e proxectos relacionados con este tema.
Este blog ven a ser unha proposta máis dentro deste contexto, que poderá recoller novos proxectos ou recoller os xa existentes no centro. Pero sobre todo, o que se pretende desde aquí é ser unha canle de participación de toda a comunidade escolar, sobre o tema da sostibilidade, na que a información siga un camiño de ida e de volta...
0 comentarios